viernes, 25 de enero de 2013

Ver extensión de arquivos en Microsoft Windows XP

Configuración de Windows XP para cambiar a configuración predeterminada, e amosar a extensión dos arquivos.


A configuración por defecto dos sistemas operativos de Microsoft, coa intención de facilitar o uso, mantén ocultas as extensións dos arquivos.



A pesar de facilitar o uso do sistema operativo ós usuarios noveis, e evitar que cando se cambia o nome do arquivo, se altere a extensión do arquivo, impedindo que o sistema operativo saiba con que aplicación abrilo, presenta o probema os seguintes problemas:
  1. Certos virus, adoptan o icono de unha aplicación inofensiva, por exemplo o Bloc de Notas, para parecer que son un simple arquivo de texto, cando en realidade teñen unha extensión que lle indica ó sistema operativo que debe executar o código que albergan.
  2. Non é fácil distinguir entre dous arquivos con extensións distintas. Por exemplo, dificulta a diferenciación entre un documento de Word 2007, con extensión (*.docx) e unha versión do mesmo para Word 2003, con extensión (*.doc), dado que os iconos que representan estes arquivos son moi similares.

Pódese comprobar a similitude entre os iconos na seguinte imaxe.



O proceso para indicar ó sistema operativo Microsoft Windows XP que amose as extensión é o seguinte:

Herramientas -> Opciones de carpeta



Na venta que aparece, seleccionar a ficha Ver.



Na parte inferior, en Configuración Avanzada, buscar un cadro de chequeo (CheckBox), que poña "Ocultar las extensiones de archivo para tipos de archivo conocidos" (Cuarta opción dende abaixo).

Esta opción está marcada por defecto, o que se debe facer e desmarcala, indicando deste xeito que non queremos que oculte as extensións.



Tras desmarcar a opción, pulsar a opción Aceptar.

Tras dar este paso, agora se amosan as extensións de todos os arquivos.


Quedando claro de que tipo é cada un dos arquivos.

Neste videotutorial de Youtube, pódese ver o proceso completo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario